A proposta está impulsada polas asociacións Agama e Pésdebarro, que convidan á veciñanza a sumarse ao que definen como un «exercicio colectivo de lembranza»
11 mar 2026 . Actualizado a las 05:00 h.A sala de conferencias do Auditorio Municipal acollerá este venres, a partir das seis da tarde, unha xornada aberta de bordado dedicada á memoria das persoas galegas desaparecidas e represaliadas durante a ditadura militar arxentina. A actividade pretende converterse nun espazo de encontro e reflexión para lembrar ás vítimas e manter viva a súa historia.
O taller, que leva por título «Panos para non esquecer», consistirá en bordar sobre tea os nomes das persoas galegas afectadas pola represión do réxime militar. A iniciativa busca así recuperar simbolicamente a súa memoria e recoñecer tamén as loitas que protagonizaron.
A proposta está impulsada polas asociacións Agama e Pésdebarro, que convidan á veciñanza a sumarse ao que definen como un «exercicio colectivo de lembranza».
A participación é gratuíta e non require inscrición previa, polo que calquera persoa interesada pode achegarse e colaborar nesta iniciativa de memoria colectiva.