O luns inaugurase unha exposición cos traballos realizados polo estudantado
19 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.O vindeiro luns, o instituto Castro Alobre súmase aos actos de celebración do Día de Rosalía. E coma sempre, farao amosando o traballo realizado polo seu alumnado, que baixo o lema «Todas as Rosalías posibles», realizou retratos de técnica libre que exploran as múltiples facetas da autora: a Rosalía feminista e defensora dos dereitos das mulleres ou a Rosalía activista, voz dos desfavorecidos e firme defensora da lingua galega. E, en resumidas contas, a Rosalía moderna, reinterpretada baixo movementos artísticos ou imaxinada no futuro.
Segundo sinalan dende Normalización Lingüística, «as propostas non só destacan pola súa calidade visual, senón por integrar versos emblemáticos da autora que reforzan a súa vixencia política e social». Os traballos gañadores protagonizarán unha serie de carpetas, e todas as obras unha eposición que abrirá as súas portas o luns.