Julio Alonso, da Asociación Vilagarcía Esgrima, bronce no encontro de Santiago

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O tirador da base do AVE Julio Alonso (dereita da imaxe), no podio da categoría M9 do torneo en Pontepedriña
O tirador da base do AVE Julio Alonso (dereita da imaxe), no podio da categoría M9 do torneo en Pontepedriña

O club arousán participou con cinco tiradores da súa canteira

17 feb 2026 . Actualizado a las 05:00 h.

A base da Asociación Vilagarcía Esgrima (AVE) acudiu o pasado sábado con cinco tiradores ao Encontro de miniesgrima de categorías inferiores organizado no pavillón municipal de Pontepedriña polo club Compostela Esgrima (COMES) e a Federación Galega de Esgrima.

Na categoría dos rapaces de maior idade, a M13, o arousán Nicolás Piñeiro finalizou no posto undécimo. No cadro de competición de M11, Darío Aguadoque completou o torneo décimo, coas súas compañeiras Adela Álvarez e Candelaria Muñiz ocupando os postos vixésimo segundo e vixésimo terceiro, respectivamente.

A maior alegría para o AVE chegou na categoría dos máis novos, a M9. Nela, Julio Alonso subiuse ao caixón do podio como terceiro no ránking xeral final da cita compostelá.