En lembranza de Isaac Díaz Pardo

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Vilagarcía acolleu un coloquio na honra do artista e intelectual que marcou a cultura galega do século XX

08 nov 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Dificilmente outra figura reúne a importancia que o pintor e ceramista Isaac Díaz Pardo foi quen de acadar no eido da cultura galega do século XX. Non foi estraño que, dado o seu vencello coa cidade, o auditorio de Vilagarcía acollese onte un coloquio sobre o home a quen este ano rende tributo a Academia Galega de Belas Artes.