Suso Paz, militante de honra 2025 do PSOE de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

Os socialistas celebraron o seu xantar de confraternidade no Churrasco de Rubiáns

11 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Os socialistas de Vilagarcía celebraron onte o xantar de confraternidade que os membros da agrupación do PSdeG-PSOE comparten cada ano. O escenario foi o habitual, un clásico xa das súas conmemoracións: O Churrasco de Rubiáns. Desta volta, a elección de militante de honra recaeu en Jesús Paz Arias, comprometido dende a súa época de estudante cos valores progresistas. Suso Paz foi concelleiro no último goberno de Javier Gago, pero onde desenvolveu plenamente a súa traxectoria foi na area portuaria, coma profesional e á fronte do Porto de Vilagarcía, entre o 2005 e o 2007, e de Vigo ata o 2009.