O selectivo dispútase esta mañá, no Pontillón
01 may 2025 . Actualizado a las 05:00 h.A Real Federación Española de Piragüismo celebra hoxe no encoro pontevedrés do Pontillón do Castro o selectivo para as dúas prazas de C2, de K2 e de K4 que integrarán o equipo hispano na súa primeira comparecencia internacional do novo ciclo olímpico, a Copa do Mundo de Szeged deste novo mes. E entre os aspirantes aparecen tres canoístas arousáns.
A grovense Valeria Oliveira abre o selectivo ás 10.30 na regata do C2 500 feminino, formando parella coa pontevedresa Claudia Couto, coas olímpicas Jácome e Corbera coma grandes favoritas nunha liña de saída de catro barcos. O mesmo número cos que participan, desde as 10.40, na regata do C2 500 masculino, co vilanovés Manuel Fontán a dúo co pontevedrés Martín Jácome e co vilagarcián Pedro Torrado en parella co olímpico no C1 Pablo Crespo, cos medallistas de bronce en París Domínguez e Moreno favoritos.