Campións portuarios de pádel

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

O presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía recibe a parella de traballadores do ente que veñen de triunfar na cita estatal

23 abr 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Alfonso González e Jorge Freijeiro proclamáronse campións do primeiro Torneo Interpuertos de Pádel. Unha cita con participación de 40 parellas de 18 autoridades portuarias de España na que representaban xunto ao dúo formado por Daniel Agrelo e Miguel Fariñas o Porto de Vilagarcía de Arousa. O seu presidente, José Manuel Cores Tourís, felicitounos onte na recepción oficial que lles tributou.