Na carteleira están «Desaparecido», «O terceiro home» e «A noite do cazador»
17 sep 2024 . Actualizado a las 15:42 h.O cineclube Entrecortiñas da Illa retoma a súa actividade con tres filmes en cartel. O xoves 19 coa proxección de Desaparecido, de Costa-Gavras que conta a historia dun pai norteamericano de clase media viaxa a Santiago de Chile despois de que o seu fillo desaparecese durante o golpe de estado do 11 de setembro. Buscándoo, descubrirá que o seu país está implicado no levantamento armado.
O xoves 26 proxectarase O terceiro home, de Carol Reed, que relata a peripecia dun escritor de novelas do oeste que visita Viena despois da segunda guerra mundial.
En outubro, en concreto o día 3, será a quenda de A noite do cazador, de Charles Laughton, unha historia de roubos, mortes e execucións.
As funcións serán ás oito da tarde en versión orixinal e con entrada libre.