Os máis grandes actuaron para os máis pequechos

La Voz

AROUSA

Martina Miser

22 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

6.º de Primaria non é un curso máis. Os rapaces máis veteranos do colexio marcharán logo do verán para os institutos. É o seu último ano no centro que os viu medrar, e os alumnos do Arealonga aproveitaron a ocasión para recibir os máis pequechos, os pícaros de dous e tres anos que hoxe están na escola municipal infantil de Vilagarcía, pero dentro duns meses se cadra estarán xa nas mesmas aulas ás que onte acudiron como visitantes. Nelas puideron asistir a unha representación musical de «Os soños na gaiola», de Manuel María, a cargo dos nenos de doce anos e dos seus mestres neste curso tan especial. foto MARTINA MISER