
Uns 400 rapaces participaron na cita coa que a Federación Galega pechou o programa autonómico de promoción deportiva e na igualdade
26 nov 2023 . Actualizado a las 12:29 h.O vivido onte no pavillón do colexio San Tomé de Cambados é a máis palpable demostración de que, lonxe da mala prensa que historicamente o acompaña, o boxeo é un deporte san e para todas as idades. Como a dos 400 rapaces de 6 a 15 anos que competiron no torneo Corresponsable no Boxeo que puxo fin á edición do programa autonómico do mesmo nome baixo a batuta da Federación Galega da disciplina. Os centos de espectadores que seguiron o evento deron fe.