Os exemplares foron capturados por barcos de pesca e logo pasaron pola uci do Cemma
27 jul 2023 . Actualizado a las 19:26 h.O Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), con sede na Illa, volveu actuar como centro de recuperación de tartarugas mariñas. Nesta ocasión trátase de Fredylan, Geno e Cicliña, que foron embarcadas no porto de Vilaxoán (Vilagarcía) para a súa posterior liberación e regreso ás augas do Caribe. A solta prodúcese tras superar a última fase da súa recuperación neste centro da Consellería do Mar, baixo a supervisión da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma).
Os tres exemplares foron capturados por barcos de pesca e tras pasar pola uci do Cemma ten en Nigrán, foron trasladados en febreiro á piscina mariña do Igafa para completar a súa rehabilitación. Tras varias semanas de coidados e unha vez constatada a evolución favorable dos tres animais, estes recibiron a alta por parte do equipo veterinario da Cemma e foron liberados desde a patrulleira Punta Roncadoira do Servizo de Gardacostas de Galicia.
Esta acción forma parte da colaboración que mantén a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda coa Cemma desde o ano 2013, coa que traballan para a recuperación dos mamíferos mariñios e outras especies que chegan ás costas galegas en mal estado ou feridos.