O Club Xadrez Fontecarmoa escala ao liderado da División de Honra Galega

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Imaxe dun encontro de Liga Galega anterior ao da pasada fin de semana
Imaxe dun encontro de Liga Galega anterior ao da pasada fin de semana Martina Miser

Venceu 4,5-1,5 o Círculo Ferrolano na oitava rolda da Liga

03 may 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O CX. Fontecarmoa-Viajes Interrías Sanxenxo pechou a pasada fin de semana coma novo líder da Liga Galega de División de Honra de Xadrez. Fíxoo tras gañarlle 4,5-1,5 a un dos históricos do deporte dos escaques en Galicia, o Círculo Ferrolano.

O resultado permitiulle ao conxunto vilagarcián acadar os 32 puntos, os mesmos co Benchoshey Pereiro de Aguiar e 0,5 máis co Xadrez-Estratexia pola Paz a falta xa tan só de tres roldas para a conclusión da Liga Galega.