Cuarta derrota consecutiva dun Umia sen profundidade

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

O cadro ribadumiense encaixou nun contragolpe o único tanto do seu partido co CD Oceja

21 mar 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A mediados de febreiro o horizonte tinguíase de cor no vestiario do Umia CF feminino. Catro vitorias consecutivas devolvían a ilusión ao cadro do Salnés, que volteaba unha preocupante traxectoria tras encadear cinco derrotas. Mais o equipo que dirixe Miguel Cores volve dar sinais de esgotamento xusto cando toca rematar de certificar a permanencia. Na mañá do domingo, ampliando a catro os partidos perdidos un detrás do outro que marcan unha nova depresión no Umia. Desta volta, co agravante de caer ante un rival directo da zona baixa da táboa, o CD Oceja.

En Santillana del Mar, o Umia non se sentiu cómodo tendo que levar o peso do partido. Sen profundidade, e con só dous mans a mans ante a porteira local como argumento, acabou sufrindo a aposta do Oceja por nadar e gardar a roupa nunha contra con rexeite de Pipa que Gutiérrez transformou no único gol do partido.

FICHA DO PARTIDO:

CD OCEJA (1): Cristina, Castroverde, Verónica, Álex, Blázquez, Tricia (Barbie Cristina, min 77), Sierra, Saray (Montoya, min 87), Xixa (Gutiérrez, min 46), Sara e Villar.

UMIA CF (0): Pipa, Lago, Varela, Piñeiro (Marta, min 84), Bóveda (Álvarez, min 55), Alejo, Laura (Sanmartín, min 67), Alonso (Riveira, min 55), Cristina, Tania (Antía, min 67) e Pombo. 

GOL: 1-0, min 72: Gutiérrez.