A Festa dos Maios volve a Vilagarcía con 41 traballos que se exporán no parque Miguel Hernández

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

 O Concello retoma a celebración na rúa tras as restricións da pandemia

21 abr 2022 . Actualizado a las 16:05 h.

A Festas dos Maios volve a Vilagarcía tras dous anos das restricións polo covid. A primeira edición presencial postpandemia conta coa inscrición de dezaseis participantes que presentarán un total de 41 maios. A Festa dos Maios celebrarase o 1 de maio no parque de Miguel Hernández onde, a partir das 11.30 hora ata as 20.30 horas, exporanse ao público os traballos florais: doce maios cónicos, once artísticos, seis caixas, oito cruces e catro barcos. Será a partir do mediodía cando se interpretarán as letrillas. En caso de choiva, as actuacións trasladaranse á praza da Pexería.

Os participantes no certame son as Anpas dos colexios Arealonga, Doutor Fleming, A Escardia e San Francisco xunto co CEIP de Rubiáns, o centro EEJ de Rubiáns e a residencia de Anciáns Divina Pastora, ademais de varios grupos de particulares e persoas a título individual.

Os participantes recibirán unha compensación económica entre os 30 e os 150 euros e serán agasallados con rosca.