A rotura dunha tubaxe deixa sen auga por horas a rúa grovense Alexandre Bóveda

La Voz O GROVE / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

A canalización será reemprazada cando comece a transformación integral da rúa

10 mar 2022 . Actualizado a las 05:00 h.

As tubaxes do Grove volven causar problemas á veciñanza. Xa é a terceira vez que se produce un rebentón nas últimas semanas, e nesta ocasión tocoulle a Alexandre Bóveda. A rotura provocou unha grande fuga de auga no casco urbano que tivo que ser arranxada polos operarios municipais, posto que a avaría deixou durante varias horas sen auga aos veciños de toda a rúa, chegando a afectar incluso a Virxe das Mareas. As tubaxes serán reemprazadas cando comece a transformación integral da rúa.