Visita na mañá do domingo o Alcobendas T.M. con Sergiy Nigeruk desplazado a Madrid pese á súa dura situación persoal pola invasión rusa de Ucrania
26 feb 2022 . Actualizado a las 05:00 h.Segundo clasificado da fase regular, o Fe Seguros Vilagarcía T.M. gañou o dereito a participar no longo proceso deseñado por la Real Federación Española de Tenis de Mesa de cara a coñecer os equipos que ascenderán este ano á Superdivisión. Un camiño que obriga o conxunto arousán a superar o Alcobendas T.M., terceiro clasificado do Grupo 1B, nun duelo a dobre volta.
Mañá, desde as 12, xogando a ida en cancha madrileña. Un partido ao que o Fe Seguros Vilagarcía chega co seu xogador franquicia, o ucraíno Sergiy Nigeruk, moi tocado animicamente pola invasión do seu país polo exército de Rusia, con case toda a súa familia sufríndoa na capital, Kiev. Lawal Abiodum e o canterano Pedro Castro completan a tripleta que levou o cadro galego ata unha eliminatoria co segundo duelo o 20 de marzo.