O BNG sumáse ás críticas pola Festa do Marisco e acusa a Cacabelos de fraude

La Voz O GROVE / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

«Vemos que este alcalde non ten a capacidade de modificar a Festa do Marisco para adaptala as novas normas sanitarias»

21 ago 2021 . Actualizado a las 21:00 h.

«Quixeramos saber cal é o motivo científico que leva a suspensión da Festa do Marisco; ten o alcalde algún informe da Xunta ou do comité de expertos que indique que non se poida celebrar?», pregúntase o BNG do Grove. Esta formación súmase ás críticas colleitadas pola decisión do goberno local de cancelar a edición deste ano e acusa ao rexedor de enganar á cidadanía. «No pleno de aprobación do orzamento de 2021, o alcalde demostrou ser un fraude. A sabendas de que non ía celebrar a Festa do Marisco, incluíu esa partida nos orzamentos, garantizándose así ter dispoñibles 500.000 euros para despois adicalos ao que considere», indican.

«Vemos que este alcalde non ten a capacidade de modificar a Festa do Marisco para adaptala as novas normas sanitarias; vemos que está cómodo na monotonía, sin ser capaz, nin ter interese en facelo, de innovar o noso concello, e, sobretodo despóis de ter un ano para pensalo, preparalo e levalo a cabo».