Esta noite, ás 21.30, terá lugar a actuación de «O Gordo e o Calvo 20 anos despois», que inaugura o Festaclown 2021
12 ago 2021 . Actualizado a las 05:00 h.O dúo de comedia formado por Pedro Brandariz e Fran Rei, máis coñecidos coma O Gordo e o Calvo, leva dúas décadas de traxectoria profesional conxunta e para celebralo presentarán esta noite o espectáculo O Gordo e o Calvo 20 Anos Despois, en palabras de Rei «Tres sketchs moi ben acollidos polo público ao longo de todos estes anos, no teatro e no programa Luar» que iniciará o Festaclown 2021.
-Botando a vista atrás, ¿Cómo foi dedicarse durante tantos anos á comedia? ¿Foron difíciles os comezos?
-A verdade é que foi marabilloso. Pedro e mais eu, os que conformamos o dúo O Gordo e o Calvo, coñecémonos grazas ó Festaclown. Sempre nos sentimos apadriñados e acompañados por este festival ao que lle temos un gran aprezo. É certo que tivemos que enfrontarnos a dúas crises, pero estas afectaron por igual ó noso sector coma a outros. Agora queremos festexar que levamos vinte anos facendo rir á xente a pesar das circunstancias.
-¿Qué supón para vos formar parte dos espectáculos introdutorios do Festaclown?
-Non tería sentido que no noso vinte aniversario non fixeramos unha parada aquí. Celebramos en Vilagarcía o noso sétimo aniversario -en honra á nosa antiga compañía Os sete magníficos máis un-, e tamén cando cumprimos dez anos de traxectoria. Téñolle un cariño especial ao Festaclown porque formei parte do equipo directivo e ademais fun o coordinador durante moitos anos. Esta semana a miña casa será Vilagarcía, axudando no que poda polas mañás.
-¿Cómo asumides os próximos 20 anos?
-Con moita ilusión, agora, tras tantos anos traballando, conseguimos que non sexa necesario producir tantos espectáculos, senón que lle dedicamos máis tempo a un mesmo show. Queremos seguir presentando novos proxectos cada dous ou tres anos.
-Sodes dúas personaxes máis coñecidas do Luar, ¿Onde vos sentides máis cómodos, no teatro ou na televisión?
-Sen dúbida ningunha no teatro, ó final é o medio onde comezamos, aínda que a televisión estanos a ensinar moitas cousas. Gañamos moita confianza traballando en directo. É un exercicio no que tes que crer en ti mesmo, aínda que non teñas un feedback directo coma no teatro. A min gústame dicir que o humor é a arte máis efémera que existe porque dura o que se tarda en contar un chiste e a reacción a este.
-¿Qué diferenzas notástedes nos vosos espectáculos dende a chegada da pandemia e a nova normativa sanitaria?
-Durante moitos anos pregunteime para que servía o meu oficio. Cando chegou a pandemia dinme de conta de que o meu traballo consiste en sacar sorrisos e axudar á xente a evadirse dos problemas. O público é incrible, desde que non se ven os sorrisos, pola máscara, inventaron novas formas para comunicarse con nós. Moitos levantan o polgar cando algo lles fai moita graza ou aplauden con moita máis forza.
La función de esta noche da comienzo al ciclo de espectáculos en Vilagarcía
Hoy a las 21.30 tendrá lugar la actuación de O Gordo e o Calvo 20 anos despois, que inaugura el Festaclown 2021. Durante ochenta minutos, los asistentes disfrutarán de este espectáculo gratuito en el Salón García. Mañana se presentará, en el mismo espacio, la obra O Enfermo Imaxinario, a cargo del taller de Teatro Clámide, que también está de celebración, cumpliendo cuarenta años de trayectoria. La compañía presenta una nueva versión de esta pieza, que narra la historia de un padre hipocondríaco que quiere casar a su hija con un médico.
Tras estas jornadas de presentación, dará comienzo la programación del Festaclown, con una retahíla de espectáculos entre el 17 y el 20 de agosto.