Un exercicio de memoria democrática

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A inciativa cidadá descubríu a cuarta placa do seu roteiro

11 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha visita á fosa común existente no cemiterio municipal de Vilagarcía foi o punto de partida dos actos celebrados onte en Rubiáns, da man da Iniciativa Cidadá pola Memoria Histórica, que pretende deste xeito reclamar reparación para as vítimas do franquismo. De seguido, na entrada do recinto, tivo lugar a descuberta da que é a cuarta placa do Roteiro da Memoria Democrática, un acto ao que asistiu, entre outras persoas, o alcalde da Illa, Carlos Iglesias: o do seu bisavó é un dos corpos soterrados na fosa común.