Pesar compartido polas nenas de Tenerife

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Martina Miser

Colectivos feministas da comarca fixeron concentracións de repulsa polos asasinatos das cativas

12 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

A aparición dos restos dunha das cativas secuestradas polo seu pai en Tenerife provocou onte unha marea de concentracións de repulsa contra este novo episodio de violencia vicaria. En Vilagarcía, tivo lugar na Praza de Galicia, convocada por O soño de Lilith e X-Todas. En Catoira, foi na alameda, convocada polas Feministas de Catoiral.