A tenista de Vilagarcía Jéssica Bouzas estréase entre as 600 mellores do mundo
AROUSA
A xogadora da Academia Tenis Ferrer escala ao posto 595 do ránking WTA
03 jun 2021 . Actualizado a las 05:00 h.Número 595. Nese punto da listaxe aparece Jéssica Bouzas Maneiro tras a última actualización semanal do ránking WTA, o gran circuíto da elite do tenis feminino mundial. Un número 595 que supón a mellor clasificación da tenista vilagarciá. Tamén a súa estrea entre as 600 mellores raquetas do planeta, logo de escalar 31 postos na última posta ao día da orde de forza das tenistas por parte da WTA.
Tras unicamente cinco meses desde o seu paso de xogadora sub 18 a sénior, Jéssica Bouzas suma 61 puntos no seu casilleiro do circuito profesional. Puntos que vai atesourando con moito esforzo e pelexa en cada un dos torneos do segundo circuíto profesional a nivel mundial, o ITF Tennis, no que se baten aquelas xogadoras como a vilagarciá que, alleas ás contadas carreiras meteóricas dunhas poucas elixidas, deben escalar golpe a golpe desde as pistas máis modestas para buscar o paso a grandes escenarios como os do Roland Garros ou o US Open, nos que Bouzas se probou na súa etapa sub 18.