Os obradoros da mancomunidade volcanse no turismo

La Voz

AROUSA

Martina Miser

A Illa acolleu unha demostración de cociña e unha ruta para coñecer a súa historia

28 may 2021 . Actualizado a las 18:31 h.

Os Obradoiros de emprego de Promoción turística e Hostalería do Salnés XII, ambos promovidos pola Mancomunidade do Salnés, organizaron unha xornada diferente na Illa de Arousa co obxectivo de poñer en valor a cultura mariñeira e os produtos do mar. No enclave do Muelle de Pau celebrouse este venres un «showcooking» baseado nos produtos do mar que logo houbo ocasión de degustar; a maiores organizouse unha ruta turística que permitiu coñecer a historia e paisaxe da Illa. Haberá próximas actividades deste tipo.