O Cortegada sorteará o acceso aos partidos de Liga

As invitacións a xogadoras, técnicos e directivos do club e do CLB impedirán porén aplicar o sistema ata que se eleve o límite do aforo de Fontecarmoa, hoxe limitado a 60 asistentes


vilagarcía / la voz

Que a Liga Femenina 2 consiga regresar sete meses despois é un primeiro gran paso adiante para os amantes do baloncesto feminino. Con todo, a inmensa maioría dos afeccionados da A.D. Cortegada deberán seguir agardando para poder ver o seu equipo en acción.

O club anunciou que cada xoves previo aos partidos como local do equipo vilagarcián sorteará entre os socios aqueles que poderán cubrir o aforo permitido nese momento polas autoridades. Pero sendo que neste intre a Fundación de Deportes de Vilagarcía reducíu a 60 asistentes o límite no Pavillón de Fontecarmoa, e que o Cortegada lles ofrece ás xogadoras, corpo técnico e directivos do club e do CLB entradas para eles e para algún familiar, nin os sorteos se poderán facer ata que aumente o aforo permitido.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O Cortegada sorteará o acceso aos partidos de Liga