Arrincará na noite do sábado e estenderáse case 24 horas, cun evento músico-cultural como punto final
15 may 2020 . Actualizado a las 14:09 h.O Concello de Vilagarcía adáptase ás circunstancias para celebrar o Día das Letras Galegas e honrar o escritor homenaxeado este ano, o ferrolán Ricardo Carvalho Calero. Cun programa en «streaming» a través da páxina de Facebook municipal, que arrincará o sábado ás 22 horas cunha sesión de «A noite das músicas galegas».
O mediodía do domingo a Banda de Música de Vilagarcía interpretará o himno galego, co programa rematando cun evento músico-cultural desde as 19 horas que inclúe a intervención do académico Francisco Fernández Rei e o concerto de «Onte e Hoxe».