Os nenos poden pasear xa polas beiras do río Ulla

La Voz CATOIRA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O Concello de Catoira reabriu onte o paseo fluvial do Ulla, que conduce ás torres de Oeste, logo de limpar e rozar as súas marxes

29 abr 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O Concello de Catoira reabriu onte o paseo fluvial do Ulla, que conduce ás torres de Oeste, logo de limpar e rozar as súas marxes. O obxectivo é que este emprazamento de recoñecida riqueza natural, integrado na rede Natura 2000, poida ser percorrido de novo polos meniños que vivan a menos dun quilómetro de distancia. A Administración local apela á responsabilidade de toda a cidadanía no respecto ás normas establecidas para permitir as primeiras saídas dos máis pequenos, e ben poden resumirse nos catro 1: 1 paseo ao día, de 1 hora, a 1 quilómetro da casa e sempre en compaña de 1 persoa adulta.