O BNG ofrece dende O Salnés «un tres en un»

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, presentou onte en Cambados a candidatura nacionalista

10 mar 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, presentou onte en Cambados a candidatura nacionalista que concorre ás autonómicas do 5 de abril. Nela figura como número dous Montserrat Prado, e tamén van Sandra Fernández e Xosé Leiros. Bará ofrece á veciñanza «un tres en un para derrotar o PP, promover un cambio galego e poñer na presidencia a unha muller nacionalista e feminista, Ana Pontón». Para Prado, ese cambio resulta imprescindible logo do que cualificou de «anos dramáticos» para a comarca. foto martina miser