Conexión directa entre o instituto e a Antártida

AROUSA

28 ene 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 31 • IES Monte da Vila • O Grove • Este venres, noventa alumnos do instituto Monte da Vila, do Grove, terán a oportunidade de comunicarse por videoconferencia cos responsables da campaña antártica do exército de terra. Trátase dunha iniciativa vencellada ao proxecto xeral do centro, que este curso ten como tema o mar. Cada ano, trece militares españois participan nunha misión que busca concienciar á sociedade sobre o respecto ao medio ambiente. O grupo, que se atopa na base antártica española Gabriel de Castilla, realizou no Grove a fase relacionada coa navegación, durante o período de planeamento da súa campaña. Agora, atópanse a máis de trece mil quilómetros.