Manquiña, Luis Zahera e Pepo Suevos, en Valga

La Voz

AROUSA

EDUARDO PEREZ

12 dic 2019 . Actualizado a las 21:30 h.

A casa da cultura de Valga acollerá nas dúas próximas fins de semana senllas actuacións nas que o público poderá ver a artistas destacados da escena galega como Manquiña, Luís Zahera e Pepo Suevos. As actividades son organizadas polos novos concesionarios da cafetería.

O día 15, ás 22 horas, terá lugar un concerto de «Los fabulosos Weekend», capitaneados polo polifacético Manuel Manquiña. Músicos veteranos como Chema Ríos, Alfonso Espiño e Gonzalo Sende forman tamén parte deste singular conxunto músico-vocal, que ofrecerá un repertorio con versións de temas de rock clásico e outras cancións escritas polo propio Manquiña. As entradas teñen un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros se se mercan o día da actuación. O domingo día 22, ás 13 horas, chegan os monólogos «Los tres mierdas», interpretado polos actores Luís Zahera, Pepo Suevos e Chemi Moreno. O prezo das entradas é o mesmo.

Para asistir aos dous espectáculos é posible adquirir un bono por 20 euros. Os puntos de venta das entradas son: Radio Valga, Comercial Moncho (Pontecesures) e a propia cafetería da casa da cultura.