Decimoterceiro na Volta a Dinamarca, Veloso inicia hoxe en Francia o Tour Poitou-Charentes

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O vilagarcián foi de menos a máis na rolda do norte

27 ago 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Nunha carreira na que foi quen de ir de menos a máis, Gustavo César Veloso concluíu o pasado domingo a 29ª. Volta a Dinamarca no posto decimoterceiro da clasifiación xeral. Logo de cinco duros días de loita nunha carreira marcada polas súas estradas estreitas, os continuos subes e baixas e xiros, ademais dunha curta contrarreloxio, o ciclista vilagarcián do W52-F.C. Porto rematou a 1 minuto e 28 segundos do vencedor, o danés Niklas Larsen (16.52.33, ColoQuick), e a 5 segundos de Edgar Pinto, o mellor home do equipo luso da rolda danesa no posto décimo. O W52-F.C. Porto ocupou ademais o terceiro chanzo na clasificación por equipos, a 33 segundos do Lotto-Soudal, o gañador; perdendo polo camiño a Antonio Carvalho, con fractura de clavícula a raíz dunha caída.

Sen tempo de descanso, Veloso e os seus catro compañeiros supervivintes inician hoxe en Francia o Tour Poitou-Charentes Nouvelle Aquitaine, de cinco etapas e catro días.