Sétimo empate da tempada do necesitado Cambados T.M.

O conxunto arousán volveu ter na súa man o triunfo, deixando fuxir dúas situacións de franca vantaxe para mellorar o seu 3-3 final ante o San Sebastián de los Reyes


vilagarcía / la voz

Visitaba na mañá do domingo o Pavillón Municipal do Pombal o cuarto clasificado pola cola da táboa, o San Sebastián de los Reyes. Unha das mellores ocasións para que o Cambados T.M. asinase a súa xa urxente primeira vitoria na Superdivisión, con tan só catro xornadas máis por diante. Pero inda que o tivo nas súas mans, o equipo arousán non foi quen de rematar a faena, conformándose cun empate, 3-3, o sétimo nos seus 17 encontros de Liga na máxima categoría do tenis de mesa español.

A cousa comezou torcerse cando no primeiro emparellamento Javier Soria deixou escapar as súas vantaxes no segundo e no terceiro xogos, logo de gañar o primeiro, perdendo co xaponés Takumi Ichinose 1-3. José Manuel Ruíz impúxose a Ramón Echanove no único duelo completado en tres xogos. Fernando Padín deixou fuxir logo as opcións de vitoria local desperdiciando un 2-0 ante Rafael de las Heras (2-3 final, con derrota 1-3 no quinto emparellamento ante Ichinose), e Soria e Ruíz amarraron o empate cun 3-2 e cun 3-1 sobre Echanove e sobre De las Heras, respectivamente.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Sétimo empate da tempada do necesitado Cambados T.M.