A nivel deportivo, a directiva procedeu a solicitar na Federación Galega unha praza na Primeira Autonómica para o seu agora único equipo, unha categoría por enriba da que disputou o filial o curso pasado, e unha por debaixo da EBA que lle correspondería tras o descenso do plantel de LEB Prata. A praza en EBA segue pendente da resolución do recurso do Xuven por un CSD que dispón de 3 meses para emitir o seu fallo.