O C.R. A Cabana-Ferrol cáese da listaxe final por non facer o ingreso da segunda cota
03 may 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Rematado o prazo de inscrición, a Liga Galega de Traíñas deixou en 11 os barcos da categoría A, logo de que o C.R. A Cabana-Ferrol non efectuase en tempo o pago da segunda cota correspondente. Así as cousas, a LGT-A contará con Samertolameu, Puebla, Coruxo, Castropol, Bueu, Mecos, Chapela, Amegrove, Vilaxoán, Perillo e Rianxo.