A normalización lingüística, a debate en Cambados

La Voz CAMBADOS / LA VOZ

AROUSA

Os docentes amosaron as súas experiencias na Xuventude

04 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

O auditorio de A Xuventude de Cambados foi o escenario elixido para celebrar a primeira edición do congreso de normalización lingüística. A cita foi inaugurada polo deputado provincial Xosé Leal e clausurada polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

O obxectivo desta iniciativa era o de presentar as experiencias dos docentes en canto ao uso do galego no currículo educativo, ademais de facer fincapé nos resultados positivos do ensino en linguas minorizadas. Mentres Xosé Leal avogou polo uso habitual do idioma propio en todas as facetas da vida diaria, García destacou a importancia de que as entidades locais «traballen a prol da lingua galega de maneira directa».