«Aos mozos pode chamarlles máis un 'twit'» que un clásico»

AROUSA

MARTINA MISER

A cambadesa acaba de lograr o segundo posto nun certame de poesía

31 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A poetisa cambadesa xa ten o triplete. Acaba de facerse co segundo posto no premio de poesía «Frases para namorar» que convocou a Xunta e o ano pasado gañou o premio Tu Librería e quedou finalista no terceiro concurso de Relato Curto. Ten dezasete anos e empezou a escribir aos catorce, e non só escribe. Tamén fai fotografía, canta e toca o piano e a guitarra. O seu é vocación, di, pero, inevitablemente, «un é o que ve», reflexiona, e ela leva toda a vida vendo escribir ao seu pai, Ramón Caride.

-¿O teu futuro pasa polas letras?

-Quero estudar Veterinaria.

-¿Como se levan as ciencias coas letras?

-Pódese facer de todo sempre que che guste. Pásalle ao meu pai, todo o mundo cre que é profesor de Lingua cando é de Bioloxía.

-El xa leva moitos libros. ¿Para cando o teu?

-Estou preparando un de poemas.

-¿En que te inspiras?

-Tíranme as historias dramáticas e extremistas, de rapazas con anorexia, prostitutas e cousas dese estilo. Non escribo poesía clásica, con rima, fago verso libre.

-¿Como reacciona a xente cando saben que escribes?

-A xente nova non se para moito a ler. Hai que coñecer distintos tipos de xéneros e libros para formarse unha opinión e un criterio propio.

-Hai quen di que nas aulas acabas odiando a literatura, ¿que opinas?

-Estou dacordo. Dáse unha visión da literatura moi alonxada dos gustos actuais, do que nos interesa. Aos mozos pode chamarlle máis un ?twit? que un clásico.