Julio Suárez remata sétimo no Internacional Ramón Escudeiro Tilve

vilagarcía / la voz

AROUSA

O xogador do C.X. Fontecarmoa chegou á derradeira rolda nun séxtuple empate na cabeza da clasificación, caendo co gañador final

02 ene 2016 . Actualizado a las 12:41 h.

Ata a novena e derradeira rolda chegou con opcións de título o sanxenxino do C.X. Fontecarmoa Julio Suárez onte no Torneo Internacional Ramón Escudeiro Tilve. Coas súas terceiras táboas consecutivas ante un dos seis Grandes Mestres presentes na cita pontevedresa, o arxentino Alejandro Hoffman, Suárez prantouse na partida decisiva terceiro nun séxtuple empate a 6,5 puntos no alto da táboa.

Só o G.M. español David Larino deu solventado a situación con vitoria, precisamente, a costa do xogador do C.X.F., ao que lle tocou xogar con negras, rematando mellor clasificado dos nove xadrecistas que completaron o Ramón Escudeiro con 6,5 puntos, polos 7,5 de Larino e os 7 doutros cinco rivais. Os tamén xogadores do C.X.F. Julio González (6,5) e Héctor Laiz (6) foron 11.º e 19.º, e 23.º o vilagarcián da USC Roberto Patiño (6).