O Unión Grove ficha a Ramón Caamaño do Vilalonga, e a Dani Otero do Pontevedra B
15 jul 2015 . Actualizado a las 09:11 h.Suma e segue. O Céltiga de Edu Charlín vai camiño de converterse no F.C. Barcelona da Preferente Sur. Tras os Machu, Arias, Diego Fernández, Álex Cubas ou Luis Alberto, a directiva do Céltiga vén de anunciar a contratación de dous dos puntais do Xuventú Sanxenxo que marabillou na Terceira galega no primeiro treito da pasada campaña antes de afundirse na segunda. O mediocentro catoirense Jónathan, e o dianteiro caldense Ramón.
O Unión Grove vén de fichar a outro Ramón, dianteiro tamén, só que no seu caso o que xogaba o exercicio pasado no Vilalonga. E con el, ao defensa Dani Otero (18/VII/1995), procedente do Pontevedra B.