26 abr 2015 . Actualizado a las 05:00 h.
Din que son cómodos, que ocupan pouco espazo e que non pesan. E é certo. Os libros dixitais teñen unha chea de vantaxes. Pero non poden ser vividos. A min gústanme os libros de papel. Os que acaban cheos de cicatrices. Os que teñen as esquinas das páxinas dobradas, marcando as pausas dos días e das noites. Os que permiten sinalar esas liñas nas que un autor foi quen de converter en palabras un pensamento á fuga. Gústanme os libros cos que podes discutir, facéndolles apuntamentos nas marxes. Os que envellecen contigo, convertidos en testemuñas do paso do tempo.