«Quizá el equipo no estuvo a la altura de la afición del Xuven», di Castiñeiras

vilagarcía / la voz

AROUSA

El presidente del equipo cambadés aplaude a la afición, pero cuestiona la actuación del árbitro

27 ene 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

As derrotas deportivas son como calquera outra caída, doen en función do punto de impacto e mais da forza deste. E ambos factores se conxugaron o pasado sábado no Pavilón da Raña para inflixirlle ao Xuven Cambados un duro golpe a mans do Marín Peixe Galego. Co corazón como zona afectada, e coa ampliación do pleno de triunfos do rival a un 4 de 4 na LEB Prata en sendos finais apretados elevando a dureza do traumatismo causado no club do Pombal.

O seu presidente, Jorge Castiñeiras, poñía onte, 48 horas despois da tripla letal de Garfield Blair a un segundo do bocinazo final, voz ao sentimento da afección cambadesa: «Perdimos un partido que deberíamos haber ganado. Dominamos el 80% del tiempo. Dejamos escapar una oportunidad para ganar bien». E iso é o que máis doe no seo da entidade.

Máxime, por canto «la afición del equipo estuvo una vez más ahí con nosotros. Más de la mitad del pabellón era amarillo. Ves que tu gente está dispuesta a gastarse la pasta fuera para animar al Xuven... Estuvo de 10». Con iso «nos vamos a quedar», e a iso acode Jorge Castiñeiras cando manifesta que «quizá el equipo no estuvo a la altura de la afición. Nuestra afición ya no puede tirar más del equipo».

 

 

Dura crítica á arbitraxe

 

Se ben das palabras do presidente do Xuven se deriva a idea de que o conxunto de Yago Casal puido ter dado máis para levarse o último derbi co Marín Peixe Galego, Castiñeiras tamén ten para repartir entre os colexiados do choque, cuxa actuación deixou moi descontentos os seareiros do equipo amarelo: «¿El árbitro? La estadística canta. Dieciséis faltas a ellos, y 25 a nosotros. Cuando nos fuimos de 15 en el segundo cuarto solo hay que mirar la estadística de Marín en los tiros libres hasta que se pusieron a 4; fue brutal». En todo caso, o directivo volta sinalar cara o plantel amarelo, sostendo que «la clave del partido fue que no supimos manejar esa situación arbitral adversa», e deixar o derbi sentenciado ao descanso. O encontro entrou na senda da igualdade, e aí, por cuarta ocasión consecutiva, o Marín Peixe Galego probou ser un mestre redomado fronte ao seu veciño cambadés.

 

 

Esguince de Alberto Rodríguez

 

Pese á derrota, o Xuven segue a ocupar praza de play-off. A última, para ser exactos. Desde o noveno posto os de Casal recibirán o sábado a un Canarias con 7 triunfos nos últimos nove partidos. Faráno coa dúbida hoxe de Alberto Rodríguez, ao sufrir este unha escordadura nun nocello en Marín.