Hai 25 anos empezamos uns cantos esta aventura e consideramos que o balance é máis que satisfactorio; atrás quedaron momentos de moito traballo, de desazóns, de inquedanzas?, pero iso veunos compensado polo que nos dou a todos -directivos e socios- a asociación: alegría, pracer, felicidade? Nacemos como unha asociación cultural, e así traballamos, co obxectivo de mellorar a cultura do noso pobo, tendo sempre como seña de identidade o aspecto humano, pois non hai más que ver o que gozamos coas distintas actividades: excursións, cursos, encontros, obradoiros, etcétera.
Para todos os que formamos esta gran familia de O Castro, a asociación foi un bálsamo para evadirnos dos problemas cotiás e afrontar a vida con optimismo. Dounos moito, polo que se botamos a vista atrás, non pode haber máis que agradecemento. Dende este recuncho do Salnés, a asociación é quen de xuntar a centos de persoas da zona e doutros lugares de Galicia nos diversos actos que organizamos a o longo do ano: encontros de maiores, xuntanzas musicais, intercambios culturais..., e, sobre todo, as xuntanzas dos nenos en colaboración con Unicef. Somos solidarios pero tamén participativos e creativos e, dende a independencia e a liberdade, somos xente que pretendemos mellorar a cultura e, sobre todo, aportar felicidade que tanta falta fai nestes tempos. A asociación xa forma parte da nosa vida e desexamos que siga así durante moitos anos.