A falacia da gratuidade

AROUSA

A educación neste país será pública, pero non é gratuíta. Sábeo calquera que desexe para os seus fillos unha aprendizaxe digna de idiomas, a oportunidade de tocar un instrumento musical ou, simplemente, de practicar o tan cacarexado deporte. Por todo iso hai que rascar o peto e pagar unha clase particular, un conservatorio ou un club dos denominados de base, que bastante fan cubrindo as carencias da Administración. A guinda do pavo chega nas vacacións e na conciliación imposible. Para que logo anden inventado funestas reformas legais e culpando ao noso «egoísmo» de que non nazan nenos. O que hai que aturar.