A formación Compromiso por Galicia preséntase hoxe na capital arousá

vilagarcía / la voz

AROUSA

13 jul 2012 . Actualizado a las 06:52 h.

A nova formación política que vén de agromar no eido do nacionalismo galego, Compromiso por Galicia, celebra hoxe un acto de presentación aberto en Vilagarcía. A cita é ás oito e media da tarde na Tasca da Mariña, a cafetería do porto deportivo.

No acto participarán a exconselleira de Vivenda, Teresa Táboas, o exdeputado e veciño de Vilagarcía, Quico Paz Antón, e o secretario xeral de Máis Galiza, Xoán Bascuas. Logo da presentación abrirase un coloquio que rematará cunhs pinchos.

Compromiso por Galicia xorde, logo das escisións experimentadas polo BNG, da integración de Máis Galiza con Acción Galega e o colectivo Ecogaleguistas. O seu candidato a presidir a Xunta será escollido nunhas primarias abertas á cidadanía.