Que corten o que hai que cortar

AROUSA

Chegará un día no que a única neve que a imaxinación dos rapaces identifique sexa a que camelos de dúas patas e moita vista coloquen ao personal en pafetos e tugurios a altas horas da noite. Os símbolos importan. Mobilizan moitas cousas dentro de nós e permiten recoñecérmonos como colectividade en tempos nos que todo é negro. Se queren recortar en serio, que comecen por esta manchea de concellos que nos volven insolventes. O resto é andar a marear a palleta.