20 nov 2011 . Actualizado a las 06:00 h.
Centrémonos no económico, por non teimar nos sacrificios que os cidadáns imos afrontar en forma de atascos e problemas no subministro eléctrico. Tirando do puramente crematístico, un sinxelo cálculo, consistente en dividir os 425.000 euros que pagará o Concello entre os 37.926 veciños que recolle o padrón municipal, conclúe que cada vilagarcián investirá da orde de 11 euros na corrección dun disparate do que aínda non se teñen depurado responsabilidades. Pensen nisto e neses euriños que aló irán cada vez que escoiten que hai que amarrar o cinto e comproben como medran o recibo da luz, o imposto de circulación ou o prezo da auga. O de todos.