Lúa Piñeiro, do Olimpic, acode ao Open de París

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

26 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A taekuondista caldense do Olimpic de Vilagarcía, Lúa Piñeiro, figura na convocatoria de nove loitadores que a Federación Galega desprazará esta fin de semana ata a capital francesa para competir no Open de París. Unha cita cuxo prestixio queda reflectido na participación de 800 deportistas e 129 equipos de todo o mundo.

Ademais de Piñeiro, en menos de 67 quilos, conforman a expedición galega Fani Hernández (-57), Pablo Carou (-58), Fernando Rascado (-80), José Antonio Andrade (-80) e os júniores Alicia Córdoba (-49 quilos), Lucía Ferrari (-55), Efrén Alonso (-63) e Miguel Martínez (-55). Os tamén galegos Andrea Rica (-57) e José Antonio Carregal (-68) viaxan coa selección española.