O Céltiga supera as baixas para dobregar o Arenteiro

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

Con sete ausencias se desprazaba o Céltiga o pasado domingo ao campo do penúltimo clasificado da Preferente Sur, o Arenteiro. Pero pese á adversidade, cun banquillo pragado de xogadores recén saídos da súa etapa xuvenil, o conxunto de José María Rial impuxo a lóxica que separa a dous equipos de tan distinto nivel para levarse o choque por 0-2.

Fernando abríu o marcador no minuto 55 e Fiti sentenciou 20 despois, devolvendo o Céltiga ao camiño do triunfo tras dúas xornadas de sequía (0-0 en Cambados e 0-1 co Barbadás no Salvador Otero).

A relativa comodidade do resultado, e o recurso á perda de tempo cos trocos facilitou a saída ao campo de tres dos novos valores do conxunto illense. Pablo, Diego e e o xuvenil Eugenio. Os dous primeiros entraron a un minuto do final do tempo regulamentario, e Eugenio a cinco.