Unha ducia de infantís da comarca poderá optar a praza no Centro de Tecnificación

La Voz VILAGARCÍA/LA VOZ.

AROUSA

02 jul 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

A Federación Galega de Piragüismo vén de convocar a unha trintena de padexeiros infantís á concentración coa que a vindeira semana decidirá o nome dos novos alumnos do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra para o curso 2010/2011. E entre eles figuran unha ducia de piragüistas do Baixo Ulla e do Salnés.

En kaiak damas acudirán á concentración Isabel Piñeiro e Ángela Baulde, das Torres-Romaría Vikinga, Noemí Fortunato, do Piragüismo Cambados, e Sabela Candelas, do Náutico Pontecesures. En kaiak masculino están chamados Manuel Vieira, do Breogán do Grove, Jacobo Gómez e Alexandre Iglesias, das Torres, e Adrián Rodríguez, do Piragüismo Illa de Arousa. E en canoa, Sergio Rodríguez e Sergio Grande, da Illa, Roi Carballeda, das Torres, e Adrián Castiñeiras, do Pontecesures.

Os kaiaquistas farán as súas probas físicas, técnicas e psicolóxicas o luns, e o canoístas un día despois.