O Céltiga tutea a un Compos que só o supera a penaltis

La Voz

AROUSA

18 ago 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

O Compostela levouse na tarde do domingo o Trofeo Concello da Illa do Salvador Otero só mercede ao seu maior acerto desde o punto de penalti. E é que o de novo conxunto da Segunda B non foi quen de superar o Céltiga no Salvador Otero, pese a adiantarse por dúas veces no marcador. Víctor Uhía, por partida dobre, anulou as vantaxes santiaguesas.

Aínda sen varios dos seus teóricos titulares, Beni, Óscar Río e Iago Paz, e ausente o que pode chegar a ser a estrela do equipo se a directiva acaba aprobando a súa contratación, Óscar Guimeráns, Pablo Vázquez comprobou que a ensamblaxe do renovado Céltiga avanza a un bo nivel. Ante un adversario de peso, os locais foron quen de dispoñer do balón durante varias fases dun choque cheo de alternativas, e fronte a un rival de peso coma o Compostela.

O lunar foron os dous tantos encaixados, no primeiro minuto de xogo e no segundo tras a reanudación. Os dous tantos de Víctor en sendas xogadas de estratexia puxeron o contrapunto.

O técnico do Céltiga comentou onte que o equipo ofreceu «la imagen que esperaba, o incluso mejor. Sobre todo, dada la categoría del rival, y con las bajas con las que llegamos al choque».

Á espera de coñecer o desenlace da situación de Óscar Guimeráns, Pablo Vázquez maniféstase «muy satisfecho del nivel de la plantilla, muy homogénea», como demostra o nivel amosado ante o Compos pese ás súas importantes ausencias.