Nimo e Gestido impóñense na Popular Ano Cabanillas

La Voz

AROUSA

16 jun 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Non houbo lugar á sorpresa. Pedro Nimo, que proximamente competirá coa camisola da selección española no Mundial de Maratón, impúxose na meta da primeira Carreira Popular-Ano Cabanillas disputada o domingo con saída e chegada na praza cambadesa de Fefiñáns. O atleta santiagués do Unión Guadalajara completou os 10.000 metros do percorrido en 31 minutos e 22 segundos, cunha cómoda vantaxe de 48 segundos sobre o segundo clasificado, Iván Iglesias. Robertas Geralavicius, o terceiro en discordia, quedou a un segundo de Iglesias nun emocionante sprint final, completando unha tripleta compostelá no podio masculino.

No feminino, a canguesa María Jesús Gestido foi a mellor atleta de entre as 23 participantes, co undécimo crono de entre os 278 corredores que cruzaron a meta cambadesa. O seu tempo, 35.14. A luguesa Chus Valiño foi segunda (37.20) e a santiaguesa Raquel Suárez terceira (39.40).

O cambadés Eduardo Daporta encabezou a representación local, decimoterceiro (35.16), seguido do cesureño Francisco Sanmarco (17º, 35.37) e o cambadés José Luis Aragunde (21º, 35.55). En féminas, a mellor clasificada foi a vilagarciá Aurora García (167º, 45.16).