Para concienciar sobre a necesidade de reducir o consumo de auga o mellor é informar, e neste obxectivo están inmersos no colexio Ferro Couselo dentro dun proxecto que se desenvolve dentro das iniciativas de Voz Natura. Ao longo do curso realizáronse xa varios estudos sobre o consumo da auga no colexio, nas casas particulares e nas fontes e lavadoiros públicos ademais de estudar os ríos e os acuíferos do municipio. Tamén se analizou como se aborda a materia relacionada coa auga dentro do programa lectivo e agora chega o momento de la experimentación. Para hoxe organizouse unha xornada de portas abertas para toda a comunidade escolar (12.30 horas).
-¿En que consiste a actividade?
-Vimos a auga como fonte para a vida, para as plantas, para o uso das familias..., agora trátase de vela como elemento químico facendo experimentos sobre a súa composición, densidade ou a presión.
-¿Como inciden este tipo de actividades na formación dos nenos?
-As actividades máis relevantes dentro do currículo do centro son as de Voz Natura porque cumpre a función de concienciar sobre o medio ambiente. O ano pasado fixemos a proxecto sobre reciclaxe e o alumnado cambiou totalmente a súa actitude sobre este tema. Coa auga pensamos que vai pasar o mesmo. Vai facer que cada vez que abran a billa saiban o que están facendo e confiamos en obter uns resultados esperanzadores.