A Policía Local de Vilagarcía gaña a Supercopa Compol

La Voz

AROUSA

02 abr 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

A tempada de fútbol sala para forzas e corpos de seguridade do Salnés baixou o telón o luns, coa disputa da Supercopa Compol.

A Policía Local de Vilagarcía, gañadora da Copa Compol, impúxose na final á Policía Local de Cambados, campiona da Copa A Pedra, nun choque igualadísimo que só se decantou desde o punto de penalti, con victoria pola mínima para o equipo vilagarcián.

Os xogadores que participaron nas distintas competicións de fútbol sala para forzas e corpos de seguridade do Salnés disfrutarán mañá, a partir das dez da noite no restaurante A Pedra de Catoira, dunha cea de despedida.